CRONICA DAR RUTA RIO RATO (LUGO).15 de Maio de 2011
Poucas cousas hai mais pracenteiras que ir dar un paseo en plena natureza.Este fin de semana pasado(domingo dia 15),a asociación de sendeirismo “Paso Miúdo”de O Valadouro, organizou unha ruta po-lo río Rato en Lugo.
O percorrido consta de uns 15 Kms.,dos cales fixemos 12 kms.O día prestábase para esta actividade xa que o sol acompañounos durante todo o percorrido.
A saída foi da estación de tren,sendo a chegada no km.5 da LU-2904,en Conturiz.
No tramo inicial,ata a ponte da N-VI,o percorrido discorre por chan liso,sen baches nin charcas nin obstáculos ós que o paseante deba esquivar.Nel podemos observar varias pontes de madeira,de nova construción,así coma a ponte romana pola que actualmente vai o tren.Unha fervenza de auga que verte directamente ó Rato fai que o camiñante se deteña, e da unha nota de frescura e naturalidade.Neste tramo a flora e principalmente de ribeira,así como en todo o percorrido pois discorre a carón do río.Amieiros,salgueiros,bidueiros,abeleiras,acompáñannos neste primeiro tramo.
A fauna componse principalmente de anfibios,como son o rairo(rana verde)e a Ra común.Tamén se poden observar aves como os merlos,pegas revoldas,ferreiriños e algunha parella de miñatos comúns que,na primavera, se achegan a nosa comunidade para criar,marchando o rematar o verán.
No seguinte treito,podemos observar unha pequena lagoa na que cría o alavanco común(tivemos a sorte de ver unha femia con crías),e a desembocadura do río Rato no Miño.Despois deste treito o camiño vai pechándose e discorre entre carballeiras e exemplares de bidueiros e pradairos.
O ultimo tramo que fixemos e o mais difícil de andar;sobre todo si levas unhas horas andando,pois e mas pedregoso e con pendentes,aínda que pouco pronunciadas.Este tramo o carón do Miño e especialmente bonito póla alternancia de belas carballeiras con praderías que morren no río,nas cales podemos ver gando domestico.
No final desta bonita ruta(onde paramos nos) xá que a ruta continuaba,podemos ver un muíño e a ponte da Foz,recentemente amañada,e o sendeirista curioso, pode ter a sorte de ver de cerca a ave mas vistosa de todas cantas nos visitan nesta época,o ouriolo.
Dito isto,todo aquel que queira disfrutar da natureza sen demasiado esforzo,que prepare un calzado cómodo,botas en inverno xá que hai algunha zoa húmida,e se bote o camiño disfrutar desta sinxela e interesante camiñata.
Miguel Martínez Díaz
lunes, 23 de mayo de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)